publicidade hoxe

Carlos Ares encherá mañá o Conservatorio de Culleredo no seu concerto con El Ruiseñor

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioCulleredoLocal
A-
A+

O novo artista Carlos Ares logrará previsiblemente mañá un cheo no auditorio do Conservatorio Municipal de Música de Culleredo. O músico ofrecerá un concerto, organizado polo ANPA do centro, con colaboración co Concello, Deputación de A Coruña e La Caixa.

O recital comezará ás 20.00 horas de mañá sábado 25de maio. A entrada é gratuíta a través dos convites que se repartiron.

Carlos Ares estará acompañado para a escenografía por compoñentes da compañía de teatro El Ruiseñor, de Culleredo, coa que colabora o Concello nas actividades municipais.

24 de maio de 2013 | 18:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.