publicidade hoxe

Carballo acolle o 25 e 26 de maio o Torneo Internacional Catro Nacións de Balonmán Feminino

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarballoDeportesLocal
A-
A+
Presentación do torneo

Presentación do torneo

Carballo acolle o sábado 25 e o domingo 26 de maio o Torneo Internacional Catro Nacións de Balonmán Feminino no que participan as seleccións de Italia, Cataluña, Euskadi e Galicia e que está organizado pola Federación Galega de Balonmán (FGB) coa colaboración do Concello de Carballo, das Escolas de Balonmán Xiria e da Xunta de Galicia. Este torneo chega xa á súa quinta edición despois de terse celebrado en Cataluña en dúas ocasións, no País Vasco e na Coruña. Bruno López, delegado provincial da FGB, explica que esta cita é unha oportunidade para darlle pulo ao balonmán feminino, “aínda sen explotar” por completo, e pensouse en Carballo para organizala debido ás satisfactorias colaboracións coa Federación en citas pasadas. A competición ten lugar no Pavillón Vila de Noia e divídese en semifinais (o sábado 25 ás 18.30 entre Italia e Cataluña; e ás 20.30 entre Galicia e Euskadi), a loita polo 3º e 4º posto (domingo 26 ás 11.00 horas) e a finalísima (domingo 26 ás 13.00 horas). A entrega de premios está prevista para as 14.30 horas. O Concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, subliña que este torneo contribúe a reforzar a nova sección de balonmán feminino das Escolas Xiria, e invitou aos carballeses e carballesas a que asistan ao pavillón para vivir “un espectáculo de primeirísimo nivel”.

20 de maio de 2013 | 17:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.