Cantos de Taberna coa actuación de Maravallada e Retesías

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPontevedra
A-
A+

O vindeiro venres 31 os afeccionados os Cantos de Taberna terán a posibilidade de volver gozar da actuación do grupo Maravallada, acompañado nesta ocasión polo grupo musical Retesías. Nesta ocasión a actuación será nas tabernas: Timón e Pasaje, en horario de 21.00 á 00.00h.

O grupo Retesías, fundado no ano 2008, difunde o mundo do folklóre galego por medio do baile, canto e música tradicional.

Os seus integrantes, orixinarios de Portonovo, participaron en tódalas edicións da Festa da Raia, así como en numerosos festivais dos concellos e das parroquias do seu contorno (Ribadumia, O Grove, Meis, Noalla, Dorrón), e na cidade de Santiago de Compostela.

Cabe lembrar que entre as novidades desta segunda edición dos Cantos de Taberna a Concellaría de Festas acordou reducir de tres a dous locais nos que se actúa pola noite, a petición das persoas que participan nestas sesións dado que cando comeza a animarse a noite, o grupo tiña que cambiar de establecemento.

As derradeira sesión será o 28 de xuño, celebrada nas tabernas de Reixas e A Navarra.

29 de maio de 2013 | 10:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.