Cancélase o concerto de Malevaje

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Local ► Santiago de Compostela ▼
A-
A+

A Concellería de Cultura informa que tal e como nos comunica Chihuahua Management, produtora do concerto de Malevaje, esta formación vese na obriga de suspender definitivamente a xira por Galicia e a actuación prevista para o sábado 25 de maio no Auditorio de Galicia. Como queira que dita cancelación é allea á vontade do Auditorio e do Concello, lamentamos enormemente as molestias ocasionadas e anunciamos que as persoas que xa tiveran a súa entrada poderán obter a devolución da mesma a través do sistema ou punto de venta oficial no que fora adquirida, nos seguintes dez días naturais desde a data prevista para o concerto.

20 de maio de 2013 | 19:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.