publicidade hoxe

Campus de Verán no IFEVI

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVigoXuventude
A-
A+

21052013-2O CAMPUS de VERAN no IFEVI é unha oferta multideportiva que se diferencia do resto dos campamentos pola implicación das federacións que o especializan. O obxetivo é promocionar e fomentar a diversidade deportiva e que @s nen@s teñan a posibilidade de practicar deportes para o seu coñecemento e capacidade de elección, próxima ou futura.

Dirixido a…

Nen@s nacidos entre o 1 de Xaneiro de 2001 e o 31 de Decembro de 2007.

Lugar de celebración: O campus terá lugar nas instalacións do INSTITUTO FEIRAL DE VIGO, IFEVI. Avda. do Aeroporto 772, en Vigo

O campus multideporte ofrece…

• 20.000 m2 de instalacións, onde @s nen@s ao longo da semana rotarán nas distintas actividades que lles proporcionarán un  coñecemento básico dos diferentes deportes. A rotación inicialmente está formulada para que cada grupo de nen@s pase por unha actividade, como mínimo, dúas veces á semana.

• Área deportiva, coordinada polas distintas Federacións e Clubes que participan no campamento: Judo, Ximnasia acrobática, Tenis,
Baloncesto, Balonmano, Rugby en inglés.

• Área cultural: Taller de periodismo coordinado por FARO DE VIGO, Orientación onde se lles ensinará o manexo da brúxula e a orientarse pola posición do sol e Educación Vial, da man dos mellores técnicos que traballan coas distintas Administracións, impartirán charlas para despois poñer en práctica os coñecementos nos circuitos viales que ten o IFEVI.

• No caso en que a climatoloxía o permita se aproveitarán os espazos e instalacións exteriores para o desenrolo dalgunhas actividades e xogos.

• Avala o nivel de actividades a coparticipación das Federacións Deportivas con técnicos cualificados

• Compartir actividades con nenos doutros concellos.

• Seguro de accidentes e responsabilidade civil.

• O material para o desenrolo de cada actividade o pondrán as Entidades Coparticipantes.

Datas:

1ª Quenda: Dende o luns 1 ao venres 5 de Xullo.

2ª Quenda: Dende o luns 8 ao venres 12 de Xullo.

3ª Quenda: Dende o luns 15 ao venres 19 de Xullo.

Horarios:

O Campus ofrece dous horarios de luns a venres a elixir:

Media Xornada: De 10.00 a 14.00 horas.

Xornada Completa: De 10.00 a 17.00 horas – Neste horario está incluída a comida. Os nenos finalizarán as súas actividades de mañá ás 14.00 horas e retomarán as actividades ás 15.30 horas. Despois da comida terán un anaco de descanso e recreo vixiado por monitores.
Para os pais ou tutores que por razóns de traballo teñan que deixar aos nenos antes do horario de comezo da actividade, deberán marcalo na folla de inscrición para facer a súa reserva. As instalacións de IFEVI estarán abertas dende as 8.30 horas. Este servizo non ten custo engadido.

Prezos por quendas:

Media Xornada: 60,00 € por neno

Xornada Completa: 90,00 € por neno – este importe inclúe a comida servida polo catering do recinto.

Descontos por irmáns: 20% de desconto a partir do 2º irmán.

Inscrición:

DATA LIMITE: Ata o 15 de Xuño de 2013.

A folla de inscrición poderán atopala na web: campus.ifevi.com. Ademáis, atenderan as necesidades de inscrición no teléfono: 986.26.99.26

Para o desenrolo do campus é necesaria a inscrición mínima de 300 participantes semanais. No caso de non cubrir ese número de inscritos, IFEVI poderá cancelar o campus esa semana.

21 de maio de 2013 | 13:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.