publicidade hoxe

Campo Lameiro, Cerdedo e Cotobade perciben unha subvención para a promoción do galego

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCampo LameiroCerdedoCotobadeLocalLocal Portada
A-
A+

Os concellos de Campo Lameiro, Cerdedo e Cotobade perciben unha subvención de preto de 3.000 € para realizar actividades de promoción e uso do galego. Estes concellos solicitaron de forma consorciada esta subvención e permitiralles realizar ao longo do ano diversas actividades para a promoción e o uso do galego. Cada concello elaborou un plan específico de actividades que resumimos a continuación:

– Campo Lameiro: organización de actividades lúdicas e de ocio e tempo libre no mes de xullo.

– Cerdedo: organización dunha escola de teatro e representacións teatrais.

– Cotobade: actuacións teatrais e unha unidade didáctica sobre a gaita (instrumento típico galego) para as visitas que recibe no museo.

Unha vez máis vénse a demostrar a importancia que ten a agrupación ou consorcio entre concellos porque así os proxectos presentados reciben mellores puntuacións e é máis sinxelo lograr as subvencións que se solicitan.

Igualmente os alcaldes chegaron a un acordo para que calquera tipo de actividade os primeiros beneficiados sexan sempre os veciños destes concellos e todas elas serán en galego e de carácter gratuíto.

Estas actividades forman parte do proceso de dinamización lingüística que é un proceso de promoción da lingua galega que se leva a cabo mediante o emprego integrado de todas as actividades que faciliten este proceso co obxectivo de incrementar o uso e o prestixio da lingua galega en toda a sociedade. Estas actividades estarán financiadas na súa totalidade pola Secretaria Xeral de Política Lingüística.

9 de maio de 2013 | 16:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.