publicidade hoxe

Campamentos para persoas con discapacidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocalLugoOurenseVigoXuventude
A-
A+

Benestar e Xuventude convocan campamentos para persoas que teñan recoñecida a condición de persoa con discapacidade e unha idade comprendida entre os 9 e os 40 anos.

Haberá dous tipos de campamentos: quendas de integración e quendas específicas.

Requisitos:
Vivir habitualmente no seu domicilio.
Non presentar trastornos que poidan alterar a convivencia durante o transcurso da actividade.
Presentar unhas capacidades que sexan compatibles coas actividades que se van desenvolver e coas características da instalación.
Ter cumprida ao inicio da quenda a idade mínima establecida e non superar a máxima antes da súa finalización.
Ter unha capacidade mínima de comunicación e de participación nas actividades, no caso dos que solicitan prazas de integración.

Servizos ofertados:
Programa de actividades de carácter sociocultural, recreativo, formativo e convivencial, que posibilite a interacción dos participantes.
Aloxamento en albergue xuvenil ou campamento, segundo o destino solicitado.
Manutención en réxime de pensión completa.
O material necesario para a actividade.
Un equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural, actividades de tempo libre e atención de persoas con discapacidade.
Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes.

As solicitudes formalizaranse nos impresos oficiais, terán que estar asinadas polos pais/nais ou titores/as das persoas con discapacidade e conter toda a información que se indica.
Ditos impresos están a disposición das persoas interesadas na páxina web
http://benestar.xunta.es/web/portal/campamentos-veran
na que tamén se poderán consultar as características dos destinos que se ofertan.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 15 de xuño incluído.

Para información xeral: teléfono gratuíto no 900 333 666
Para información sobre a xestión do programa, remisión de documentación, valoración de solicitudes e adxudicación de prazas ao Servizo de Prevención da Dependencia da Secretaría xeral de Política Social, teléfonos 981 54 01 37 e 981 54 74 37.

Para información sobre as instalacións nas que se desenvolve o programa dirixirse directamente ás propias instalacións ou ao Servizo de Xuventude e Voluntariado da xefatura territorial da provincia na que está ubicada a instalación:
A Coruña
Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º – 15008 A Coruña.
Telfs: 881 88 12 40 /881 88 12 41 /881 88 12 43 /881 88 12 44.
Lugo
Ronda da Muralla, 70, 27001 Lugo.
Teléfonos: 982 29 42 24 /982 29 42 51 /982 29 49 23.
Ourense
Avenida Habana, 81, baixo, 32004 Ourense.
Telfs: 988 38 61 20 /988 38 61 16 /988 38 61 15 /988 38 61 18.
Vigo
Rúa Concepción Arenal, 8, 1º andar, 36201 Vigo.
Teléfonos: 986 81 70 78 /986 81 77 81 /986 81 76 56

29 de maio de 2013 | 17:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.