publicidade hoxe

Campamentos deportivos no Concello de Cabanas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCabanasLocal
A-
A+

O prazo para facer a inscrición nos campamentos deportivos que a Deputación da Coruña organiza todos os veráns xa está aberto no Concello de Cabanas. As persoas interesadas en participar nos mesmos terán de prazo ata o próximo xoves 16 de maio para formalizar a súa inscrición. Estes campamentos deportivos están dirixidos para rapaces nacidos entre os anos 1.999 e 2.003 e terá lugar no Colexio Calvo Sotelo da Coruña.

O Concello de Cabanas disporá dun total de tres prazas para participar na primeira quenda organizada pola Deputación, que terá lugar do 30 de xuño ó 6 de xullo. Nestes campamentos deportivos levaranse a cabo diferentes actividades deportivas así como visitas a centros de interese cultural da comarca e na cidade da Coruña.

Os que desexen formalizar a súa inscrición deberán formular a correspondente solicitude no departamento de Cultura e Deportes do Concello de Cabanas. Os participantes que sexan escollidos terán que aboar un total de 85 euros como cota de participación. Para obter máis información poden dirixirse ó mencionado departamento de Cultura e Deportes ou ben chamar ó 981 49 59 59.

2 de maio de 2013 | 18:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.