publicidade hoxe

Campamentos de verán “Marín Concilia”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalMarín
A-
A+

O Concello de Marín anunciou fai 2 semanas a posta en marcha dos Campamentos de verán “Marín Concilia” 2013.

Os campamentos forman parte do Programa Marín Concilia de atención á infancia, para nenas e nenos de entre 3 a 12 anos.

Os obxectivos principais destes campamentos son impulsar accións de igualdade de oportunidades, a través da corresponsabilidade e facilitar ás mulleres a conciliación da vida persoal, familiar e laboral.

As prazas ofertadas foron 200 prazas nos Campamento Urbanos para menores de 3 a 12 anos, nun horario de 9 – 14 h, divididos nas 4 quendas (50 prazas por quenda) e 50 prazas nos Campamento Rurais (Mogor e Seixo) para menores de 3 a 12 anos, nun horario de 10 – 13 h, divididos nas 2 quendas (25 prazas por quenda).

Nestas 2 semanas recibíronse un total de 234 solicitudes, polo que se están a confeccionar as listas de maneira que ningún neno e nena quede fora do programa e as prazas baleiras completaranse coas segundas opcións elexidas por moitas das familias solicitantes.

Os listados publicaranse no taboleiro do Concello e na páxina web a partir do próximo martes día 28 de maio e o mesmo tempo se publicará un calendario de pago para facilitarlle ás familias o pago das tasas e evitar colas inecesarias. 

Ademáis este ano o Concello solicitou as Instalacións do CEP Sequelo, quen confirmou xa a súa concesión para a realización dos campamentos urbanos.

Con este programa esperase apoiar á conciliación persoal, laboral e familiar de moitas familias da vila.

24 de maio de 2013 | 17:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.