Cambre celebrará o próximo sábado unha reunión informativa sobre o “Rock in Cambre 2013”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambreLocal
A-
A+

A área de Cultura, en colaboración coa de Xuventude del Concello de Cambre celebrará o próximo sábado 25 de maio ás 17:00 horas unha reunión informativa sobre o procedemento de selección dos grupos participantes no festival Rock in Cambre para o ano 2013. A reunión, que terá lugar na Casa da Xuventude situada na Casa das Palmeiras do Tempero, estará dirixida polo concelleiro de Cultura e Turismo, Santiago Ríos Rama.

O procedemento elixido este ano polo concello de Cambre para seleccionar aos grupos participantes será o de recollida de maquetas que despois serán cualificadas por un xurado. Os grupos interesados en participar, polo tanto, terán que presentar nun prazo que aínda está por determinar unha maqueta co seu traballo. Un xurado formado por 5 persoas, 3 deles profesionais do mundo da música e presidido polo concelleiro de Cultura que actuará con voz pero sen voto, elixirá os mellores traballos que serán premiados coa súa participación no Festival Rock in Cambre que como vén sendo habitual contará unha vez máis coa actuación de grupos punteiros a nivel nacional.

A principal novidade este ano é que o concello de Cambre subvencionará o custo total ou dunha parte da maqueta que deberán presentar os grupos interesados en participar en función do número de membros que estean empadroados no municipio. O resto da información e os detalles do proceso de selección presentaranse o sábado na reunión informativa.

23 de maio de 2013 | 10:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.