Cambios provisionais na circulación por obras en diferentes puntos da cidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal
A-
A+

A Concellaría de Tráfico, Mobilidade e Uso e Utilización do Dominio Público informa dos cambios que, de xeito provisional, se producirán na circulación da cidade durante os próximos días.

– A substitución dun transformador na rúa Cabana, esquina Castiñeiras, obriga a cortar o acceso a esta vía o próximo martes, 7 de maio, entre as 09.30 e as 13.00 horas. Para a colocación dun grupo electróxeno provisional mentres duren os traballos, tamén será preciso ocupar a zona de estacionamento da rúa Castiñeiras de Abajo, á altura da escalinata de Santa Lucía durante os días 6 e 7 de maio, manténdose o carril de circulación.

– A entrada de vigas para o viaduto na obra da Terceira Rolda supoñerá modificacións na circulación á altura da glorieta de Pocomaco. En concreto, será necesario realizar cinco cortes de tráfico nocturnos parciais na estrada de acceso ao polígono, deixando libre en todo momento un carril de circulación para cada sentido. Os cortes serán dende a noite do luns, 6 de maio, ao martes día 7, ata a noite do 10 ao 11 de maio. O horario dos cortes durante estas cinco noites será de 23.00 a 06.45 horas.

– A entrada de vigas para o viaduto na obra da Terceira Rolda tamén supoñerá durante o día modificacións na circulación na glorieta de Pocomaco. Haberá cortes de tráfico intermitentes cunha duración estimada de seis minutos na avenida García Sabell-Carretera de Pocomaco, á altura da rotonda. Os cortes previstos serán dous ao día -dende o luns, 6 de maio, ata o venres, 10 de maio- en horario de 10.00 a 13.30 horas e de 16.00 a 18.30 horas. En todo momento, haberá sinais para informar dos desvíos na circulación.

– Os traballos de mellora do pavimento na rúa Río Monelos obrigan a cortar o carril situado debaixo do túnel -á altura de Xeneral Sanjurjo-. Por este motivo, habilitarase dobre sentido de circulación en Río Monelos, entre a saída do propio túnel e a rúa Alcalde Marchesi, para dar servizo aos garaxes afectados. A obra executarase o luns, 6 de maio, ao longo de todo o día.

6 de maio de 2013 | 11:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.