publicidade hoxe

Caballero quere “encher” o pavillón das Travesas coa XVI edición da Festa do Patín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVigo
A-
A+

O pavillón municipal de As Travesas acollerá mañá venres a XVI Festa do Patín, con case 2.000 participantes e 104 grupos de patinadores. Caballero felicitou aos organizadores “porque o seu traballo é exepcional, unha mostra de Vigo e de súa afección ao deporte”.

Preto de 2.000 deportistas formarán parte mañá da XVI Festa do Patín organizada no Pavillón de As Travesas en horario de mañá e de tarde. Así o explicou hoxe xoves o rexedor durante a rolda de prensa de presentación “dun gran evento deportivo e lúdico”, organizado polo Instituto Municipal de Deportes, como parte do programa de escolas deportivas municipais. Baixo a coordinación de 40 monitores, 110 grupos de patinadores actuarán de 4 a 5 minutos cada un. Pola mañá será o turno dos máis pequenos e dos colexios e, xa pola tarde, patinarán os clubes.

Participan todas as escolas deportivas municipais de Bouzas, Calvario, Berbés, El Carmen ou Roteas, ademais da Asociación de Veciños de Cabral, a Agrupación Xiramos ou o Círculo Mercantil. Tamén haberá representación doutras localidades da área como Ponteareas, Gondomar, Sotomaior e Redondela. Desde Portugal, un ano máis, chega o Clube Naçao e Cultura.

Durante a súa intervención o rexedor trasladou a súa vontade de “encher” o pavillón e felicitou aos organizadores “porque o seu traballo é exepcional, unha mostra de Vigo e de súa afección ao deporte”. Durante a rolda de prensa, Caballero estivo acompañado por Narciso Sotelino, presidente do Club de Patinaxe Castrelos; Gustavo Falque, presidente do Coruxo F.C; de Beatriz Fernández y Verónica Fernández, del Vagalume; Diego Molina, do Volvoreta; e Teresa Iglesias, do Carpa.

16 de maio de 2013 | 20:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.