publicidade hoxe

Caballero eloxia o traballo da Fundación Menela coa que o Concello colabora coa cesión de instalacións e 15.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVigo
A-
A+

O alcalde achegouse hoxe luns ata as instalacións do Centro de Educación Especial Menela, que traballa con nenos e nenas con autismo. Caballero reiterou a súa vocación de seguir a cooperar una entidade que fai un traballo “exepcional” á que na actualidade lle cede o pavillón de Coia para realizar actividades de educación física, ademais do convenio para a posta en marcha do Programa Respiro Familiar, dotado de 15.000 euros.

Este centro, dirixido a alumnos con transtornos del espectro del autismo de entre 3 e 21 anos, conta con 8 unidades de educación especial, con servizo de comedor, transporte e actividades extraescolares. Durante a visita, Caballero cualificou de “excepcional” o traballo dos responsables da Fundación Menela, que este ano conta con 32 alumnos e que iniciou a súa actividade no curso 76/77.

En rolda de prensa, Caballero explicou que a colaboración municipal con esta entidade pasa pola cesión do pavillón de Coia para realizar actividades de educación física, así como o convenio do Programa de Respiro Familiar, dotado con 15.000 euros e do que se benefician 100 usuarios.

6 de maio de 2013 | 19:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.