publicidade hoxe

“Buscando estrelas TV” en Santa Comba

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalSanta Comba
A-
A+
Instante da representación infantil

Instante da representación infantil

Santa Comba acolleu este martes 22 de maio varias actividades culturais que se desenvolveron no multiusos. A escola de teatro infantil do concello de Santa Comba representou a obra “Buscando estrelas TV”.

Despois desta actuación tivo lugar a entrega dos premios do concurso “As nosas letras”. Os diplomas e agasallos foron entregados pola concelleira de cultura, Maria Pose, e polas directoras dos colexios Pepe de Xan Baña e Barrié de La Maza.

Posteriormente proxectouse un vídeo biográfico sobre Roberto Vidal Bolaño. No multiusos inaugurouse neste dia unha exposición sobre o dramaturgo homenaxeado, e que estará aberta ata os primeiros dias de xullo.

23 de maio de 2013 | 10:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.