Brión convoca a excursión para os maiores, que terá como destino Vigo e Valença do Minho

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBriónLocal
A-
A+

O Concello de Brión convoca unha excursión para veciños e veciñas maiores de 60 anos e pensionistas maiores de 55 anos, así como os seus esposos ou esposas, para coñecer Vigo e Valença do Minho (Portugal). Unha excursión que terá lugar o venres 21 de xuño e cuxo prazo de inscrición estará aberto ata o vindeiro 14 de xuño na Casa do Concello (teléfono 981 88 70 06).       

O prezo da viaxe será de 25 euros por persoa, que inclúe a recollida dos participantes polas distintas parroquias de Brión ás 8:00 horas. A expedición sairá de Brión cara o Monte do Castro (Vigo), onde almorzarán. Despois, os maiores brioneses farán unha visita panorámica á cidade olívica, pasando por lugares como Praza América, estadio de Balaídos, factoría de Citroën, praia de Samil e estaleiros de Bouzas. Despois, a expedición fará unha parada na Pedra, onde haberá tempo libre para visitar o casco antigo de Vigo, a lonxa, a alameda, o peirao de transatlánticos, etc

Tras o paseo, a expedición porá rumbo cara Valença do Minho, onde terá lugar o xantar na Quinta do Amorinho con baile-discoteca de sobremesa. Antes de emprender viaxe de volta a Brión, os maiores farán unha parada na fortaleza de Valença do Minho, que poderán aproveitar para facer as súas compras.

24 de maio de 2013 | 12:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.