Bolsas Leonardo da Vinci da Deputación de Ourense
A Deputación de Ourense convoca 50 bolsas individuais de estancias e prácticas laborais en empresas europeas.
As prácticas poderanse desenvolver en empresas da Unión Europea, preferentemente en Reino Unido e Portugal.
Requisitos:
Posuír titulación universitaria oficial acreditada por universidades españolas ou recoñecidas polo Ministerio de Educación, ou estar en condición de obtela titulación na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes.
Que a dita titulación se obtivese nos cinco anos inmediatamente anteriores á data do ano da convocatoria deste concurso.
Posuír coñecemento dalgunha das seguintes linguas cun nivel suficiente para desenvolver unha práctica laboral axeitada ó seu grao de formación académica: portugués e/ou inglés.
Posuír coñecementos de informática a nivel de usuario.
Non ter gozado anteriormente dunha bolsa do Programa Leonardo da Vinci do grupo obxectivo PLM: persoas no mercado laboral.
O prazo para solicitar as bolsas estará aberto ata o 28 de maio de 2013.
Máis información no BOP de Ourense do 13 de maio de 2013











