Benestar Social organiza unha viaxe á Illa de San Simón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomarLocal
A-
A+

Dende a Concellaría de Benestar Social infórmase de que está aberto o prazo de inscrición para a excursión á Illa de San Simón, organizada por Marisma Events en colaboración coa Concellaría de Benestar Social.

A viaxe terá lugar o próximo 29 de xuño, con saída ás 15.30 horas. Os participantes visitarán pola illa acompañados por un guía e ao seu regreso poderán gozar dun coffee break a bordo.

As persoas que se poderán beneficiar desta viaxe son todas aquelas maiores de 55 anos. En total ofértanse 55 prazas que se irán adxudicando por orde de inscrición. Para participar na actividade deberán inscribirse, ata o 14 de xuño, no Departamento de Benestar Social na Casa da Cultura de Gondomar. Poderán obter maior información no teléfono 986 360 168.

O prezo por participante será de 10 euros.

Dende o Concello de Gondomar colabórase e fomenta este tipo de actividades que teñen como obxectivo fomentar a participación e integración dos maiores do municipio á vez que se promove o turismo.

23 de maio de 2013 | 13:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.