Ben Veñas Maio e Ciclo de conferencias, esta fin de semana no Maio, mes da lingua
A programación de Maio, mes da lingua, para esta fin de semana e para o luns, 13 de maio é:
Sábado, 11 de maio
Certame Ben Veñas, Maio. No Pazo da Cultura: A partir das 17.30h: Concurso de música e entrega dos premios dos certames de fotografía, banda deseñada, narración curta, poesía e música.
Organiza a Coordinadora dos ENDL dos IES de Pontevedra e colabora a Concellaría de NL-Concello de Pontevedra.
Luns, 13 de maio
Ciclo de conferencias: Rosalía e Nós. No Casino Mercantil (praza de Curros Enríquez): Ás 20.30h: Pilar García Negro Organiza a Asociación Cultural Maio Longo e colabora Casino Mercantil e Industrial de Pontevedra e Concellaría de NL-Concello de Pontevedra.











