Begoña Freire participa no Congreso Internacional de Seguridade Vial

Begoña Freire na mesa redonda
A concelleira de Tráfico e Mobilidade, Begoña Freire, participou como relator na mesa redonda Plans e Estratexias dos Concellos para potenciar a Seguridade Vial, dentro do Congreso Internacional de Seguridade Vial que se celebra en Santander.
A este congreso asisten responsables de distintas administracións, así como outros axentes, asociacións e colectivos sensibilizados e activos no ámbito da seguridade vial. A concelleira destacou a importancia do labor de coordinación entre as distintas administracións e áreas: “É fundamental conseguir os obxectivos nos que todos estamos implicados, así como a especial relevancia que a devandita coordinación adquire dende a perspectiva da xestión municipal,”.
Begoña Freire puxo como exemplo as accións coordinadas que se están a levar a cabo na avenida de Alfonso Molina para a mellora da seguridade vial e a importancia de coidar cada detalle, cunha visión integral da seguridade vial, estudando a idoneidade de situación de cada elemento que se encontre na vía pública.
A concelleira incidiu tamén na importancia da educación vial como parte imprescindible na formación integral das persoas, que tamén é a base e fundamento para a seguridade vial: “Non” hai dúbida de que é unha das mellores medidas preventivas e, en consecuencia, o mellor investimento, polo que a educación vial debe ser integral, inicial e permanente, e, polo tanto, debe estar presente non só no sistema educativo senón tamén fóra da escola e nos plans estratéxicos”.











