publicidade hoxe

Axudas para facilitar a obtención do permiso de condución clase B

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA BolaLocal
A-
A+

Segundo a Orde de 6 de maio de 2013, está aberto o prazo para solicitar:

AXUDAS PARA FACILITAR A OBTENCIÓN DO PERMISO DE CONDUCIÓN CLASE B

REQUISITOS:
– Ter entre 18 e 30 anos de idade cumpridos no momento de presentar a solicitude.
– Ser titulares do carné xove vixente no momento de presentar a solicitude.
– Ter residencia en Galicia.
– Estar matriculado/a nunha autoescola da CC.AA. no momento de presentar a solicitude.
– Acreditar uns ingresos netos anuais da unidade familiar que non supere os seguintes máximos:
Familias con 1 membro: máx. de ingresos: 18.637,85€
Familias con 2 membros: máx. de ingresos: 20.707,72€
Familias con 3 ou máis membros: máx. de ingresos: 23.297,31€

OBRIGAS DOS BENEFICIARIOS:
– Asistir ao curso de educación viaria gratuito organizado pola Dirección Xeral de xuventude e Voluntariado e superalo con éxito.
– Obter o permiso de conducir  clase B entre o 1 de xaneiro e 15 de novembro de 2013 como requisito previo á percepción da axuda.

DOCUMENTACIÓN:
– Fotocopia do DNI  e do carné xove.
– Certificado de empadronamento do solicitante e certificado de convivencia de tódolos membros da unidade familiar.
– Fotocopia da declaración da renta en caso de realizala.
– Certificado bancario do nº de conta bancaria na que sexa titular o solicitante.
– Xustificante que acredite estar matriculado/a nunha autoescola.

CONTÍA DA AXUDA:
O importe da axuda será de 250 € por beneficiario.

O prazo será ata 1 de outubro de 2013.

16 de maio de 2013 | 10:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.