AVEMPO visita Nigrán no Día Mundial da Esclerose Múltiple
A Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple de Pontevedra (AVEMPO) estará mañá en Nigrán, dentro da programación prevista para conmemorar o Día Mundial da Esclerose Múltiple. O colectivo establecerase no Salón de Plenos municipal entre as 9.30 e as 11.30 horas, nunha xornada divulgativa para difundir información sobre a asociación, os seus servizos e actividades, chegando así a persoas de diferentes puntos da provincia de Pontevedra.
A esclerose múltiple é unha enfermidade crónica que afecta a do millóns de persoas no mundo, unhas 46.000 en España. Habitualmente, maniféstase entre os 20 e 40 anos de idade, sendo a primeira causa de discapacidade non traumática entre adultos novos en España.











