publicidade hoxe

Avelaíña Teatro presenta “María Castaña” en Pontecesures

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalPontecesures
A-
A+

28052013-15O vindeiro venres 31 de maio, a compañía de teatro afeccionado “Avelaíña Teatro” presenta en Pontecesures a obra “María Castaña” de Manuel Ayán, e dirixida por Antón Lamapereira.

A representación terá lugar ás 21:00 horas no Centro Social.                            

SINOPSE

Existiu realmente MaríaCastaña? É unha personificaciónfabulada? Falamos dunha figura á que os Señores da Historia lle negaron o relato, o tempo e a patria e desterrárona ao espazo borroso dos contos para durmir. A roda do esquecemento foille pousando encima o seu po.

Só quedou unha pantasma extraviada no fondo das espenucas, na funquenlla das fraguizas e nos reconcos dos rochedos, desde onde a súa voz soa e resoa. O eco vén na brisa da noite e no murmurio das sombras, como un canto para recordar e busca unha imaxe e un lugar na historia que a sitúe no capítulo dos referentes, entre os vagalumes. María Castaña, muller, galega, insubmisa.

Motivos de abondo para sepultala na sima do inconsciente onírico. Motivos de abondo para reivindicala como unha fiestra de luz.

Aquí presentamos unha hipótese verosímil do desencontro de María Castaña co bispo don Pedro López de Aguiar:

“Na Alta Idade Media a cidade de Lugo está na decadencia. O bispo proponse recuperala mediante a construción da catedral, conforme ao espírito anovador da época.

28 de maio de 2013 | 17:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.