Avaliación dos traballos que optan á concesión do XVII premio de poesía para escolares do Concello de Marin
No Museo Municipal M. Torres, as 19,00 horas do día 14-05-2013, reúnense as seguintes persoas: Montserrat García Blanco, profesora do colexio La Inmaculada, María Engracia Vicente Izquierdo, directora da Biblioteca Municipal Vidal Pazos e Beatríz Rodríguez Gómez, concelleira de Cultura.
Procédese en primeiro lugar á constitución do Xurado Avaliador do XVII PREMIO DE POESÍA PARA ESCOLARES “CONCELLO DE MARÍN” que queda integrado por Beatriz Rodriguez Gómez, como presidenta e como vogais: María Engracia Vicente Izquierdo e Montserrat García Blanco. Actúa como secretario Alberto Mallo Area.
Constituído validamente o Xurado avaliador, dáse conta das bases da convocatoria e de que os traballos foron presentados no prazo concedido ao efecto.
1º) Apertura dos traballos presentados: Previa autorización da presidenta do Xurado, procedeuse á súa apertura, para comprobar se os mesmos reúnen as condicións esixidas na convocatoria, como son a forma de presentación, prazo, lingua empregada, etc.
2º) Entrega de copias aos membros do Xurado: De seguido, procedese a introducir nun sobre as plicas correspondentes aos traballos admitidos e quedan baixo a custodia do secretario ata o acto de avaliación, repártense unha copia dos devanditos traballos, a fin de que procedan ao seu exame e avaliación.
3º) Convocatoria para a xuntanza de avaliación.- Por acordo entre os membros do Xurado, procédese a lectura dos traballos e a avaliación dos mesmos, e trala avaliación previa, fállanse como gañadores os seguintes:
a) Primera categoría: Educación Primaria: lº e 2º:
1º “Villa de Marín”, autor: Breixo Curra Vidal, CEIP Carballal
2º A primavera, autora: Lucía Dorado de Sousa, Colexio La Inmaculada.
3º O meu xirasol, autora: Xiana Miniño Lorenzo. CEIP A Laxe.
b) Segunda categoría: Educación Primaria: 3º, 4º:
1º A miña aldea, autor: Diego Budiño Laíns. Colexio La Inmaculada.
2º O esquío, autora: Xavier Graña Lobeira. CEIP Ardán.
3º Miña avoa, autora: Paula Gómez Núñez. Colexio La Inmaculada.
c) 3ª Categoría: 5º e 6º de Primaria:
1º O Camiño de Santiago, autora: Adriana Ferreira Pereira. Colexio La Inmaculada.
2º Xa chega o verán, autora: Inés Piñeiro Guimeráns. CEIP Carballal.
3º A miña familia, autora: Andrea Montes Moreira. Colexio La Inmaculada.
d) 4ª Categoría: 1º e 2º de ESO:
1º Bicos, autor: Rodrigo Sobral Diz. Colexio La Inmaculada.
2º Voa, autor: Pablo Varela Area, Colexio La Inmaculada.
3º O soñador, autora: Carmen Salgado Ave. Colexio La Inmaculada.
Os expresados premios entregaranse no acto público a celebrar o vindeiro día 17 de maio, DIA DAS LETRAS GALEGAS, no Salón de Actos do Museo Municipal Manuel Torres, ás 12,00 h.