publicidade hoxe

Ata o 30 de maio está aberto o prazo para inscribirse nun curso de perfeccionamento de stop motion na Casa da Xuventude

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLugo
A-
A+

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua informa que está aberto o prazo ata o 30 de maio para cubrir todas as prazas e apuntarse a un Curso de Perfeccionamento de Stop Motion, dentro das actividades de +Xti.

O curso que comeza o sábado 1 de xuño, levarase a cabo os días, 1, 2, 8, 9, 22 e 23 de xuño en horario de 10.00 a 14.00 e de 16.30 a 20.30 horas na Casa da Xuventude. A actividade, para o cal se requiren coñecementos previos, está destinado a mozos e mozas de idades comprendidas entre os 18 e 35 anos.

28 de maio de 2013 | 12:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.