As relacións de parella analizadas con humor na obra teatral de “Acontrabutaca” en Tomiño
A Compañía Acontrabutaca traerá este sábado, 25 de maio, ata o auditorio goianés un novo espectáculo de monólogos e skeetchs cómicos titulado “Dous son Parella”.
A obra, que será representada ás 22.00 horas, está recomendada para maiores de 16 anos e a entrada terá un custe simbólico de 3 euros.
Trátase de monólogos, interpretados por Patricia Vázquez e José Manuel Puente “Isi”, sobre as relaciones de parellas, descritas desde unha perspectiva humorística.
A programación continuará ao longo do mes de xuño, con dúas propostas ben diferenciadas. En primeiro lugar, o día 1, o dúo Alfonso Vallejo (Luis Iglesia B. e Xabier Deive) escenificará o espectáculo teatral “Gaivotas subterráneas”. Esta peza está recomendada para maiores de 13 anos, e a entrada será de 3 euros.
Por último, a Escola Municipal de Teatro de Tomiño protagonizará dúas pezas: “O pano da avoa” e “O nacemento do dragón”. Con esta última proposta, prevista para as sete da tarde, darase por pechada a programación de primavera.
Exposicións
Xuxo Malone (artista autodidacta nado en A Guarda e veciño de Tomiño na actualidade) expón ata o dous de xuño, “Imperfeccións”, unha mostra escultórica con diferentes técnicas, que pode contemplarse no auditorio goianés en horario de tarde.