As piscinas municipais prepáranse para a tempada de verán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalO Carballiño
A-
A+
Visita ás instalacións

Visita ás instalacións

Argimiro Marnotes estivo a visitar os traballos que se están a desenvolver nas piscinas municipais, para preparalas para a tempada de verán. Unha das cuestións que máis preocupa ao concello é o arranxo da perda de auga que se vén rexistrando no vaso principal dende que se reformaron por última vez, hai agora máis de catro anos.

O alcalde estivo cos responsables da empresa que realizou esas obras, para coñecer de primeira man a problemática con esas perdas de auga, e instando estes a solucionar este problema antes das datas de apertura das piscinas.

Todo apunta a que pode ser unha filtración que se produce nunha das canalizacións laterais do vaso principal, e é precisamente no que están a traballar para comprobar esa perdida e proceder ao seu arranxo.

15 de maio de 2013 | 13:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.