publicidade hoxe

“As pandereteiras” e “Con Sentidiño” alzánse cos primeiros premios no concurso musical Operación Ordes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOrdes
A-
A+
Gala Final Operación Ordes

Gala Final Operación Ordes

Máis de 300 persoas non quiseron perderse esta mañá a gran final do concurso musical Operación Ordes. Unha cita musical na que participaron máis de 200 alumnos e alumnas de distintos centros da comarca. Todos eles foron aplaudidos e vitoreados non só polos seus profesores e compañeiros senón por familiares, amigos e veciños que non deixaron pasar de largo esta convocatoria.

Os gañadores na modalidade que englobaba aos alumnos de Primaria ata 2º da ESO foron As pandereteiras, do centro ordense Maruxa Mallo. A interpretación do tema O Verdegaio supósolles o primeiro posto e alzarse co cheque de 200 euros. Os falcatrueiros, formación composta por alumnos do IES Nº1 e do Castelao, e Twisted Brothers ocuparon os segundo e terceiro lugar respectivamente con cheques de 100 e 50 euros cada un deles.  O primeiro premio para os alumnos a partir de 3º da ESO foi para o grupo Con Sentidiño, un dúo de hip hop composto por dúas rapazas que nesta ocasión foron as únicas que se atreveron cunha interpretación orixinal. Sheila Rodríguez e Alba Docampo alzaronse coa segunda e terceira posición. Todos eles recibiron os seus cheques, doados pola Asociación de Comerciantes de Ordes.

A gala contou cun xurado de luxo composto por Mero, do dúo Mini e Mero; Xosé Bocixa, vocalista de Zënzar; Anxo Sánchez, baixista de Machina; Olga Raíces, profesora de Educuación musical e soprano, así como Paula Castenda, da Banda de Música de Ordes. Tamén colaborou a cantante local Tania Veiras, que interpretou varios temas en directo e non se cansou de asinar autógrafos.

O vindeiro 31 de maio a partir das 21 horas a discoteca LP 45 acollerá unha gran gala aberta a todo o púbrico, na que finalistas e e premiados volverán a subirse ao escenario. Tamén se contará con sorpresas e actuacións, como a que ofrecerá Carlos Gende entre outro.

16 de maio de 2013 | 17:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.