publicidade hoxe

As obras do PEIM Rural benefician a diversas parroquias monfortinas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalMonforte de Lemos
A-
A+

O Concello está levando a cabo, con fondos do PEIM Rural, obras de rexeneración de firme de pistas e camiños en diversas parroquias.

Estas actuacións están en marcha na parroquia de A Parte, na pista que vai dende Camporrío a Probeiros e, esta mesma semana, comezarán os traballos en pistas das parroquias de Rozavales e Vilamarín.

As actuacións do PEIM Rural tamén chegarán ás parroquias de Chao do Fabeiro, A Vide e Distriz, así como á pista do campo de tiro.

As obras recollidas no PEIM Rural, todas referidas á mellora da capa de rodadura de diversas estradas, teñen un orzamento de 67.000 euros.

15 de maio de 2013 | 12:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.