publicidade hoxe

As obras do CEIP Monforte e do CEE Infanta Helena chegan ó Certame de Teatro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalMonforte de Lemos
A-
A+

A vindeira semana continarán as representacións do XXII Certame Municipal de Teatro para Centros de Ensino de Monforte de Lemos, organizado pola concellería de Educación e Cultura, e que deron comezo o pasado día 23 de abril.

A segunda das representacións terá lugar o martes día 7 de maio. Nesta ocasión alumnos e alumnas do CEE Infanta Elena, baixo a dirección de Isabel Sánchez Trevín, a adaptación de Aurora Rodríguez Pereiro e a posta en escena de Mª Carmen Fernández Méndez, representarán a obra “O fotógrafo Sisebuto fai fotos nun minuto”.

Trátase dunha comedia dun acto na que se contan as peripecias dun fotógrafo ambulante e o seu axudante”.

A terceira das representacións deste Certame terá lugar o mércores día 8 de maio. Será a quenda do alumnado do CEIP Monforte, baixo a dirección de Paqui Abeledo, que representarán a obra “Os misterios dos reloxos de Néboa”. A obra conta coa colaboración da ANPA “A Lagoa” e este é o seu argumento:

“A cidade de Néboa atópase ante un grande misterio: tódolos reloxos foron perdendo os folgos ata quedar parados. Mentres o reloxo de cuco Efrén, o reloxo de campá Denise, Minutiño tic-tac Leire e Segundiño tic-tac Nerea, se recuperan da súa enfermidade, a alcaldesa Carla Depresa terá que recorrer aos detectives Sara Lupa Grande e Holmes Grande para resolver o misterio, descubrindo de paso o segredo do pazo de dona Sofía Ninsesabe e dona Marina Antiquísima. Colaboran en aclarar a situación a doutora dona Rebeca Hipocrática, a sabia Alice Chung-Pataching e a policia Uxía. Será o ferve-ferve narrador Juan quen nos vaia contando o desenlace do misterio dos reloxos de Néboa .”

As representacións levaranse a cabo no salón de actos da Casa da Cultura a partir das 20:00 h.

3 de maio de 2013 | 12:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.