publicidade hoxe

As obras de humanización da primeira fase da rúa Camelias arrancan o 16 de maio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVigo
A-
A+

O próximo xoves 16 de maio comezarán os traballos de mellora da rúa Camelias nunha primeira fase, que vai desde Praza Independencia ata a rúa Ourense. O orzamento para este tramo ascende a preto de 700.000 euros, e o periodo de execución, é de 5 meses. O orzamento total de toda a humanización sitúase en 6,5 millóns.

A Xunta de Goberno local deu hoxe venres o último paso administrativo previo ao comezo dos traballos de humanización da rúa Camelias, coa aprobación do Pan de Seguridade e Saúde da renovación das redes de abastecemento e saneamento. Esta obra, a cargo do Plan de Investimentos de Aqualia, divide a rúa en dous tramos: de López Mora a Praza Independencia e desde aquí ata Venezuela.

Segundo explicou o rexedor, as obras arrancarán o próximo xoves 16 de maio desde a Praza Independencia ata a rúa Ourense, cun orzamento de case 700.000 euros e un prazo de execución de 5 meses. O custo total da humanización, precisou o rexedor, ascende a 6,5 millóns de euros.

A lonxitude de actuación nesta primeira fase é de 200 metros, cunha superficie total de 3.000 metros cadrados. Como é habitual en todas as humanizacións acometidas polo goberno local, manteráse e incrementarase o arbolado, colocaránse puntos de luz, bancos, papeleiras e xardineiras, ademais de renovar 360 metros de saneamento, 260 de abastecemento e 260 de canalizacións, o que permitirá solucionar o “endémico problema desta rúa que ten un rebentón nun promedio de 20 días”. Esta “calamidad” responde, segundo o rexedor, a que “desde o alcalde Portanet, esta é a primeira vez que se atende esta rúa”.

Emprego

O rexedor deu conta da posta en marcha do programa integrado para o emprego VIGOINTEGRA que, cun orzamento aproximado de 250.000 euros, ofertarán formación a 100 persoas en situación de desemprego. Dentro desta “posición de loitar contra o paro desde o Concello, a Xunta de Goberno local deu luz verde tamén á contratación do servizo de asesoramento experto para a xestión do “Proxecto 615 Imos traballar2”, un programa que, como recordou o rexedor, está cofinanciado co Fondo Social Europeo.

10 de maio de 2013 | 20:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.