As mulleres do rural aprenden a elaborar xabón corporal
As Asociacións Veciñais de Santa Mariña de Augas Santas, O Mato e Cardanachama rematan, esta semana, o programa de actividades realizado coa área de Igualdade de Allariz sobre autocoñecemento, autoestima e autocoidado. Para pechar este programa realizarán un obradoiro no que confeccionarán xabóns corporais, de caléndula e de romeu. O obxectivo destas actividades de dinamización rural pasa pola aprendizaxe do autocoidado.
Coa celebración destes obradoiros, a área de Igualdade de Allariz busca “transmitir a necesidade de repensar e cuestionar o modelo de coidado das mulleres.” Coa finalidade de “valorar o feito coidar como un valor moi positivo, pero fomentar ademais nas mulleres o autocoidado como forma de non esquecerse dunha”
Rematada esta semana, a área de igualdade trasládase ata Nanín, Valverde e Meire, durante todo o mes de maio.











