As monxas do convento de Vista Alegre, en Vilagarcía, conmemoran o centenario das festas de Santa Rita coa entrega de medallas
Vilagarcía celebra en 2013 dúas importantes datas para a cidade. A primeira o Centenario do Concello mediante a unión de Vilaxoán, Vilagarcía e Carril e a segunda, o Centenario das festas de Santa Rita. Con motivo desta última efeméride, a congregación das Madres Agustinas do convento de Vista Alegre entregará medallas conmemorativas aso alcaldes en vida que tivo Vilagarcía.
O acto celebrarase mañá día de Santa Rita, unha vez rematada a misa solemne das sete da tarde na tras a cal se celebra a multitudinaria procesión de Santa Rita. A imposición das medallas do Centenario das festas na Honra de Santa Rita terá lugar na capela de San Cristobo e a continuación as autoridades participarán na procesión polas rúas da cidade. Ao remate das mesma, as monxas organizan un ágape para a comitiva na cripta da capela.











