publicidade hoxe

As entradas para a comida da Festa do Viño Tinto xa están a venda nos sitios de costume en Barrantes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalRibadumia
A-
A+

Xa están á venda as entradas para acudir á tradicional comida de confraternidade da Festa do Viño Tinto do Salnés, o sábado 1 de xuño. As persoas interesadas en participar poden atopalas nos lugares de costume, en Nova Galicia Banco, Banesto, a cafetería Che e Comercial Agrícola Piris.

A comida celébrase o sábado 1 de xuño no pavillón de Barrantes, con capacidade para aproximadamente 700 comensais. O prezo do cuberto é de 25 euros e o menú está composto por polbo, empanada, carne ao caldeiro, viño tinto e fresas ao viño. Durante esta comida daranse a coñecer os nomes dos mellores colleiteiros de viño autóctono e da variedade Tinto de Barrantes da tempada.

10 de maio de 2013 | 17:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.