publicidade hoxe

As coloristas “Harmonías” a rotulador de Miguel Morquiñas expóñense dende mañá no Auditorio de Vilagarcía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalVilagarcía de Arousa
A-
A+

A sala de exposicións do Auditorio acolle a partir de mañá unha orixinal exposición pictórica firmada por Miguel Morquillas. Trátase dunha colección de coloristas cadros realizados con rotulador. A mostra leva por título “Harmonías” e poderase visitar ata o 9 de xuño.

Miguel Morquillas traballou durante anos no Concello de Vilagarcía. Xubilado, dende hai un tempo, sácalle proveito a unha afección que xurdiu na infancia a golpe de “Cariocas” e que, co paso dos anos, lonxe de perderse, foi medrando e perfeccionando. Os rotuladores que lle poñían os Reis Magos, con esas amplas gamas de cores, son a ferramenta principal para a realizacións das súas obras na que, o segundo elemento é unha cartulina en branco.

A mostra inaugúase mañá, venres ás 20:00 horas.

9 de maio de 2013 | 16:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.