publicidade hoxe

As catas do viño de Barrantes comezan este sábado dia 4 de maio en Lois

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaRibadumia
A-
A+

A Festa do Viño Tinto do Salnés comeza coas catas para clasificar os doce viños tipo Barrantes para a final que se celebrará o 28 e 29 de maio.

As primeiras catas de Viño Tinto Barrantes realizaranse este sábado día 4 de maio a partir das 22:00 horas no Centro Social de Lois, na Casa da Cultura de Besomaño, no Centro Sociocultural de Padrenda, e na Taberna de Fermiñan en Leiro.

O martes 7 de maio continúan a mesma hora, as 22:00; na Casa de Pombo na parroquia de Cobas.

O mércores 8 de maio serán na parroquia de Ribadumia en O Aserradero tamén as 22:00 horas.

A Festa do Viño Tinto do Salnés adquire ano tras ano maior protagonismo entre os colleiteiros da comarca, que presentan os seus viños tinto tipo Barrantes co fin de demostrar que son os mellores caldos do ano. O nome dos gañadores coñeceranse durante a comida oficial da festa. Deste xeito, garántese que os mellores tintos serán os que se poñan a disposición dos visitantes na carpa da XLI Festa do Viño Tinto do Salnés.

2 de maio de 2013 | 17:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.