publicidade hoxe

As Cantareiras de Alende protagonizan o venres un recital homenaxe a Suso Vaamonde nas Pontes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAs PontesCalendarioLocal
A-
A+

O Concello de As Pontes, a través do departamento de Cultura, está a organizar para este venres unha homenaxe ao cantautor Suso Vaamonde. As protagonistas serán as Cantareiras de Alende que ofrecerán un concerto no Auditorio Municipal Alovi no que as pezas deste compositor de Ponte Caldelas serán o eixo da interpretación deste grupo pontés que contará co acompañamento de Francisco Fernández Bouza e Antonio Rodríguez López, no teclado e no baixo.

Temas coma Uah!, Volvín á terra pero perdín o amor ou Gaita irreal soarán nas voces de Anabel, Ana, Nuria, María ou Isa pero cunha compaña do máis especial: a de Mini e Mero que tamén se subirán ao escenario do Auditorio Municipal Alovi para sumarse á homenaxe a Suso Vaamonde e que arrincará ás 21.00 horas e que será de entrada totalmente libre.

21 de maio de 2013 | 17:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.