publicidade hoxe

As autocaravanas de Galicia danse cita no Carballiño na ponte das Letras Galegas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaO Carballiño
A-
A+

A área de Turismo do concello do Carballiño, na liña de dinamización do campin municipal, iniciou hai uns meses as conversacións coa asociación galega de autocaravanas, para celebrar unha reunión deste colectivo na vila do Arenteiro. Finalmente acordouse ter esa reunión os días 16,17,18 e 19 de maio, no Cámping Municipal. Por iso a Asociación Galega de Autocaravanas e o Cámping Municipal Arenteiro del Concello de Carballiño (Ourense) invitan a todos os autocaravanistas á concentración con motivo da ponte das Letras Galegas.

Dado que o aforamento do Cámping é de 27 prazas, estas seirán concedendo por orde de inscrición ata que queden cubertas. Os Socios que desexen estacionar no cámping deben comunicalo no momento da inscrición, e reservaráselle unha praza, a cal se lle asignará no momento da chegada ao Cámping polo persoal do Cámping.

O resto, farano no Paseo fluvial situado en Avda. do Arenteiro a 400 m. aprox. do Cámping (o Concello facilitará servizo de Autobús para os desprazamentos entre o Cámping-Paseo Fluvial-OU Carballiño, comunicarase o horario do autobús de mañá e tarde).

No programa elaborado entre a asociación e a área municipal de Turismo, contémplanse visitas aos lugares emblemáticos da vila, así como tempo libre para que os campistas poidan gozar do Carballiño, dos seus negocios, bares e restaurantes. Tamén está prevista unha recepción por parte do alcalde da vila a estes caravanistas.

Todo o programa e as formas de inscribirse nesta juntanza pódense ver na páxina web da Asociación Galega de Autocaravanas.

10 de maio de 2013 | 17:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.