publicidade hoxe

Arredor de 70 persoas participan nas sextas Xornadas sobre a Violencia de Xénero do Concello

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAresLocal
A-
A+

Arredor de 70 persoas –durante a xornada de hoxe segue o prazo de inscripción aberto- participarán nas que serán as sextas Xornadas sobre a Violencia de Xénero, que se desenvolverán mañá xoves 9 de maio no mosteiro de Santa Catalina promovidas pola Concellaría de Muller, que dirixe a socialista Victoria Montenegro.

A actividade terá lugar ao longo de toda a xornada, comezando ás 9.30 coa entrega do material correspondente ás persoas inscritas previamente e a inauguración a cargo do alcalde de Ares, Julio Iglesias.

A primeira das mesas redondas levará o título de “O papel do entorno familiar nos procesos de violencia de xénero: Luces e sombras” e será moderada por Carmen Soto, a orientadora do CPI Conde de Fenosa. Nesta mesa intervirán Enma Sánchez, directora do CIM do Concello de Arteixo; Sandra Barbeiro, psicóloga do CIM do mesmo municipio; e Ana Cobo, psicóloga do PIM do Concello de Mugardos.

Despois dunha pausa para un café, comezará o segundo dos coloquios, que neste caso será sobre as redes sociais e a autoprotección. Alexandra Dopico, policía local do Concello de Ares, será a moderadora dunha mesa redonda na que participarán Fernando Villar Santos, formador da Garda Civil, e José Ramón Rosales Gómez, policía, funcionario e docente da escola de formación do Sindicato Unificado da Policía.

“Vítimas (supervivintes) da violencia de xénero e a saúde mental” é o título da primeira das actividades da tarde –ás catro-, na que intervirán os responsables da área de Saúde Mental de Ecos do Sur, José María Freire Duro e Rocío Rodríguez López. Esta conferencia será presentada por Lucía Regueira, educadora familiar do Condello de Ares.

Ás 17.30 horas, e despois dunha pausa de media hora, tocaralle a quenda a María Berta Rodríguez Martínez, médico forense a subdirectora do IMELGA da Coruña, que falará sobre “Violencia de xénero: un reto sanitario e médico legal”. Dolores Castro González, abogada do CIM de Ares, moderará a charla.

O obradoiro “Camiñando cara Igual-Arte: taller vivencial”, a cargo da psicóloga Paula Sánchez, será a derradeira das actividades das xornadas, que serán clausuradas ás 20.30 horas pola concelleira de Servizos Sociais de Ares, Victoria Montenegro. A edil socialista tamén será a encargada de entregar os diplomas a os a as asistentes a estas xornadas, que se teñen convertido nun referente neste tema a nivel de toda Galicia.

8 de maio de 2013 | 18:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.