Ares organiza unha excursión á Feira de Vilanova de Cerveira e a Valença do Minho o 8 de xuño
A Concello, a través da área de Servizos Sociais, organiza unha nova excursión. Neste caso, a área que dirixe a socialista Victoria Montenegro levará aos veciños e veciñas que se inscriban á feira de Vilanova de Cerveira e a Valença do Minho, en Portugal, o día 8 do vindeiro mes de xuño.
Así, as persoas que desexen participar nesta iniciativa poden formalizar dende xa a súa inscripción, acudindo para iso ao departamento de Servizos Sociais no seu horario habitual de atención ao público. O prazo para apuntarse na excursión ramata o día 3 de xuño.
O prezo da excursión é de 25 euros, que se aboarán no momento da inscripción. Dito prezo inclúe o autobús e o xantar.











