publicidade hoxe

Ares e a Federación Galega de Baloncesto organizan o sábado 11 unha xornada de achega e mellora técnica neste deporte

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAresCalendarioDeportesLocal
A-
A+

O Concello de Ares e a Federación Galega de Baloncesto organizan este sábado, día 11, unha actividade denominada “CETI”, que consiste no desenvolvemento dunha xornada de achega e mellora técnica no baloncesto. Dita actividade, que se desenvolverá no pavillón municipal de Ares entre as once a unha, será impartida por persoal técnico da propia Federación, que empregará unha metodoloxía baseada no xogo e nas acción técnicas.

Poderán participar nesta xornada os nenos e nenas de 7 a 14 anos que se inscriban ben no centro escolar aresán ou ben no pavillón antes das 10.30 horas do venres 10. Segundo informan dende a organización, para tomar parte na actividade, que é libre e de balde, non é necesario ter coñecementos previos de baloncesto.

LIGA DE PÁDEL

Por outra banda, a Concellaría de Deportes, que dirixe o edil socialista José Juan Vilar, organiza unha Liga de Pádel que se celebrará na cidade deportiva de Pedrós –nomeadamente, nas pistas construidas para a práctica desta modalidade deportiva-. Esta liga comezará en xuño e será por parellas atendendo a diferentes niveis de xogo, polo que haberá varias categorías.

As persoas que desexen participar dispoñen de todo o mes de maio para formalizar a súa inscripción. Para iso, deberán dirixirse ao pavillón municipal ou chamar ao 676 853 395.

A actividade será de balde e unicamente haberá que aboar o custe do aluguer da pista de xogo, de 8 euros por hora e media.

8 de maio de 2013 | 18:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.