Ares celebra o día 16 as Letras Galegas coa entrega de premios do concurso de relato curto e un concerto “Rosas para Galicia” de brigantia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAresLocal
A-
A+

O Concello de Ares, a través da área de Cultura, organiza un acto para conmemorar o Día da Letras Galegas, que se desenvolverá na Alianza Aresana o xoves 16 a partires das 18.30 horas. Esta actividade, segundo informou o edil desta Concellaría, o socialista Eugenio Fernández Lago, comezará coa entrega de premios do I Concurso de Relato Curto Concello de Ares, para rematar co concerto “Rosas para Galicia”, a cargo  da Asociación Cultural Brigantia.

A entrada a estos actos, que se celebrarán no salón de actos do edificio municipal, será aberta ao conxunto da cidadanía.

7 de maio de 2013 | 18:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.