publicidade hoxe

Ares abre o prazo de inscripción para participar na terceira edición do mercadillo veciñal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAresLocal
A-
A+

O Concello de Ares organiza a que será a terceira edición do Rastrillo Veciñal, que se desenvolverá o día 14 de xullo no paseo marítimo, na avenida Saavedra Meneses. Segundo informou na comisión da pasada semana o concelleiro de Cultura, Eugenio Fernández, xa está aberto o prazo para reservar os postos, polo que as persoas que desexen participar nesta existosa iniciativa poderán apuntarse nos teléfonos 981 448 057 ou 686 932 335 ou na biblioteca municipal (Alianza Aresana). Tamén poderán mandar un correo a malloyadrago@gmail.com.

A taxa para participar no rastrillo é de cinco euros por un posto duns catro metros, adicando todo o recadado a ONG locais.

Dende o Concello faise un chamamento aos artistas que desexen participar nesta iniciativa.

27 de maio de 2013 | 17:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.