Apertura da exposición mariña: “Entre mareas II” de Xaquín España
Xaquín España, pasou anos traballando coma mariñeiro polo mundo adiante o cal o levou, case sen querer, a coleccionar máis de dúas mil pezas de cunchas, fósiles e corais. Pero este home inquieto, interesado polo mundo da etnografía e da arqueoloxía e amante do mar, levárono que esta colección fose cada vez mais ampla e variada.
En xuño do 2011, Xaquín expón unha pequena mostra de cunchas e fósiles no Centro Social de Boiro, en abril do 2013 expón no museo etnográfico de Comoxo, “entre mareas” onde xa aparecen máis elementos expositivos coma artes de pesca, maquetas… A partir de ámbalas dúas exposición xurde a idea de “Entre mareas II” unha mostra que recolle os elementos de ámbalas dúas exposicións máis un cento deles novos, facendo unha colección digna de ser visitada.
Así mesmo, para completar a exposición faranse visitas guiadas gratuítas (grupos previa reserva) onde o autor desta fascinante exposición trasladará aos visitantes aos lugares onde foron atopadas as cunchas, a historia que ten cada maqueta, cada arte de pesca á vez que dará información sobre a súa utilidade, material, emprego, … e resolverá e responderá todas aquelas dúbidas ou preguntas que teña o visitante.
A mostra pode verse durante o mes de xuño:
Do 3 ao 16 de xuño de luns a venres de 10:00 a 14:00h e de martes a xoves de 16:00 a 19:00h.
Do 16 de xuño ata final de mes de luns a venres de 09:00h a 14:00h. (horario de verán do Centro).
Os interesados en concertar visita guiada poden facelo chamando ao tel. 981 84 78 59 ou facendo solicitude por email: cabodecruz@boiro.org.