Antía Cal, no do ciclo de charlas “Historias vividas… e contadas polas súas protagonistas”
O martes, 28 de maio ás 19:00 h., no Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo dentro do Ciclo de Charlas: “Historias vividas… e contadas polas súas protagonistas” entrevista a Antía Cal, mestra e fundadora no 1961 da escola Rosalía de Castro de Vigo.Realiza a entrevista María José del Río.
Antía Cal (A Habana, 1923) naceu nunha familia de emigrantes orixinaria de Muras (Lugo). Aos nove anos voltou a Galicia, estudou bacharelato, fíxose mestra e licenciouse en Xeografía e Historia no ano 1945. Casada con Antón Beiras García, galeguista de esquerdas e oftalmólogo, co apoio do seu home e da súa familia fundou en 1961 o Colexio Rosalía de Castro de Vigo. O “Rosalía” foi, en Galicia, un foco de irradiación progresista das novas tendencias pedagóxicas, baixo a inspiración do colectivo catalán Rosa Sensat.