publicidade hoxe

“Animaliños”, representación teatral en homenaxe a Roberto Vidal Bolaño en Monforte

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalMonforte de Lemos
A-
A+

O Grupo de Teatro da Aula Municipal representará os días 18 e 21 de maio na Casa da Cultura de Monforte a obra “Animaliños”. Esta actividade é unha nova proposta programada polo Concello con motivo das Letras Galegas 2013.

A peza, dirixida por Eva F. Ferreira é unha adaptación da obra homónima de Roberto Vidal Bolaño, autor a quen se lle dedican este ano as Letras Galegas.

Animaliños conta a historia dunha urbanización de veciños na cal o peor de cada casa sae a luz despois de que unha praga de caracois orixine unha neurose colectiva. Obsesionados con preservar a súa pequena parcela de felicidade, os residentes da urbanización pasarán por riba de todo aquilo que lles supoña unha ameaza. Nesta ocasión, o dramaturgo  fai un retrato certeiro sobre a sociedade actual, dominada polas aparencias e o individualismo. Todo elo, aderezado con grandes doses de humor e retranca que lle valeron o Premio María Casares no ano 2003.

Cunha duración aproximada de 60 minutos e a colaboración do Concello de Monforte e a Deputación de Lugo, a obra representarase para o público en xeral o sábado día 18 de maio ás 20:30 h. na Casa da Cultura. Mentres que o día 21  de maio ás 16:30 h. a representación dirixirase a diversos colectivos sociais.

16 de maio de 2013 | 10:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.