publicidade hoxe

AECC Pontevedra conmemora o Día Mundial sen tabaco coa andaina “Camiñando sen fume”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPontevedra
A-
A+

A Asociación Española Contra o Cancro, coa colaboración do Concello de Pontevedra, organiza hoxe con motivo do Día Mundial sen tabaco unha camiñada con cans como alternativa de ocio saudable fronte o tabaquismo.

A actividade non ten custo para os seus participantes e supón unha óptima iniciativa de carácter terapéutico e de ocio saudable.

O cronograma previsto é:

16h – 17h. Illa das Esculturas: Apertura de inscricións e reparto da “bolsa saudable”.
17h – 17.30h. Illa das Esculturas: Exhibición de adestramento canino a Unioncan.
17.30h – 18.30h. Illa das Esculturas: Canmiñando sen fume acompañando ós cans da protectora Os Palleiros.

 

30 de maio de 2013 | 16:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.