Alumnos dos Sauces participan nunha xincana xeolóxica pola Xunqueira de Alba

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPontevedra
A-
A+

Alumnos de Primaria do centro de ensino Los Sauces participan mañá, de 10 a 12, nunha xincana xeolóxica na Xunqueira de Alba.

Para a Concellaría de Medio Ambiente, o Enil da Xunqueira de Alba brinda a oportunidade de comprender a forma na que os ríos
modifican a paisaxe ao longo do tempo a través da deposición de sedimentos, entre outros.

Serán 20 rapaces de sexto de Primaria nos que participarán na Xincana xeolóxica para mostrar, in situ, por medio da resolución de diferentes probas o valor xeolóxico e natural da zona. A actividade comeza por unha breve exposición sobre o espazo da Xunqueira, destacando a súa importancia e a necesidade de preservación.

Na parte das probas lúdicas propiamente ditas, cada grupo de participantes valerase dun teléfono móbil para comunicar as súas respostas nun concurso en que o tempo será un factor chave.

Trataranse temas como:

– Identificación de elementos produto da erosión

– Estimación da velocidade e caudal do río Rons

– Identificación das marcas de ondulación do leito do río

– Identificación de diferentes tipos de sedimentos

– Descuberta de gneis, etc

2 de maio de 2013 | 17:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.