Alumnos de Noalla e Aios fan mañá o Roteiro dos Bolechas
O Concello de Pontevedra, a través da Concellaría de Normalización Lingüística, segue a ofrecer o roteiro Bolechas para dinamizar o uso da lingua entre nenos e nenas de infantil e 1º ciclo de educación primaria. Coa Excursión pola zona vella de Pontevedra os máis pequenos farán un percorrido guiado polo centro histórico da cidade do Lérez da man dos personaxes creados por Pepe Carreiro, os Bolechas, co obxecto de ligar o uso do noso idioma aos espazos urbanos da cidade, recuperar e difundir a memoria histórica de Pontevedra inserida no contorno
xeral da historia de Galicia e dinamizar os usos orais da lingua galega no ámbito urbano.
Mañá, 15 de maio, 49 alumnos do CEIP Noalla e EEI de Aios farán o roteiro dos Bolechas. Serán alumnos de 4º, 5º e 6º de Infantil. O primeiro
grupo sairá ás 10.30 horas do Museo provincial, e o segundo ás 11.30 horas do Museo.
Ao remate do roteiro cada participante será obsequiado con cadanseu exemplar da publicación Excursión pola zona vella de Pontevedra cos
Bolechas.











