“Alicia no país das marabillas” chega a Dodro en forma de títeres
Dentro das actividades programadas con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, a Concellería de Cultura, Voluntariado e Asociacionismo do Concello de Dodro que dirixe Cristina Codesido, organiza unha xornada de títeres “Alicia no país das marabillas”.
Será o vindeiro martes día 7 de maio ás 18 h na Paxareira aberto a toda a veciñanza.
Esta concellería ten programado para a semana das Letras Galegas entre outras actividades, unha ximcana literaria para o día 16 de maio e unha actividade interxeracional para o día 15 de maio en colaboración coa concellería de servizos sociais e igualdade e o CPI Eusebio Lorenzo Baleirón.