publicidade hoxe

Alberto Valverde: Reitero o meu apoio aos afectados polas participacións preferentes pero rexeitamento actitudes hostís nas súas reivindicacións”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalNigrán
A-
A+

O rexedor municipal, Alberto Valverde, rexeita de firme o comportamento demostrado onte por algúns membros das plataformas afectados polas participacións preferentes e subordinadas, que se deron cita onte nas inmediacións do concello de Nigrán, con motivo da celebración do pleno correspondente ao mes de abril.

Valverde reitera unha vez máis o seu apoio e respaldo ás persoas afectadas por estes produtos financeiros -achégase carta remitida ao presidente do goberno, Mariano Rajoy- pero renega do comportamento dalgúns dos membros das plataformas, “que coas súas accións xeran situacións violentas e innecesarias, un comportamento que fraco favor fai ao resto de membros da plataforma, que reivindican de forma civilizada a resolución da situación na que se encontran,”.

Avalei, respaldo e avalarei as persoas afectadas polas preferentes e as subordinadas, sempre e cando respecten as formas de esixir xustiza para eles”, sinala o rexedor municipal. “Tanto a título particular como colectivo, o equipo de goberno está certamente preocupados pola situación que atravesan estas persoas, e queremos, ao igual que eles, encontrar unha solución xusta e definitiva, pero a vía que están a tomar algúns membros das plataformas, como acudir cuberto cun pasamontañas, non é a opción axeitada”.

3 de maio de 2013 | 17:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.